Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Europeas 2014: concello de Ferrol

Como hai moitas candidaturas, arbitrariamente fixen un corte no 1% dos votos válidos. Uso os datos provisionais do Ministerio [concello de Ferrol]. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (26 690 + 32 749 = 59 439).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 32 749 n.a. 55,10%
2. PP 7 779 29,64% 13,09%
3. PSOE 5 628 21,45% 9,47%
4. AGE 3 590 13,68% 6,04%
5. PODEMOS 2 994 11,41% 5,04%
6. BNG 1 564 5,96% 2,63%
7. UPyD 1 008 3,84% 1,70%
8. Brancos 753 2,87% 1,27%
9. Cs 571 2,17% 0,96%
10. Nulos 453 n.a. 0,76%
11. VOX 341 1,29% 0,57%
12. PACMA 315 1,20% 0,53%

Comparando estes resultados cos das eleccións europeas do 2009:

  • Houbo menos abstencións, pero o PP pasou de 12 111 a 7 779 votos (do 46,05% ó 29,64% dos votos válidos).
  • E o PSOE pasou de 10 193 a 5 628 votos (do 38,75% ó 21,45% dos votos válidos).

Comparando estes resultados cos das eleccións autonómicas do 2012:

  • As abstencións aumentaron significativamente (de 24 909 a 32 749).
  • Tres listas das principais perderon case a metade dos votos: o PP pasou de 14 419 a 7 779; AGE pasou de 7 013 a 3 590; e o BNG pasou de 2 793 a 1 564.

29 Maio 2014 - Posted by | Galicia, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s