Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

J. S. Bach: Choral “Es ist genug” (aus BWV 60)

Traio hoxe un coral que Bach harmonizou para a cantata “O Ewigkeit, du Donnerwort” BWV 60, estreada no 1723 (non confundir coa cantata BWV 20, que leva o mesmo título). Podemos segui-las notas destas obras coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

A música é adaptación dunha obra escrita no 1662 por Johann Rudolf Ahle. O tritono inicial da melodía é inusual, e tamén o é o cromatismo da harmonía (ver análise histórica da melodía “Es ist genug”).

Este é o coral, non interpretado por un coro senón polos instrumentistas dunha orquestra que ían ensaia-lo concerto para violín de Alban Berg (obra na que se cita este coral)…

Aquí poño o texto (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach), baseado na quinta estrofa do himno escrito no 1662 por Franz Joachim Burmeister e musicado polo devandito Johann Rudolf Ahle. O himno pode interpretarse como glosa da oración de Elías (1 Re 19:4).

Es ist genug [genung];
Herr, wenn es dir gefällt,
so spanne mich doch aus!
Mein Jesus kommt [kömmt];
nun gute Nacht, o Welt!
Ich fahr ins Himmelshaus.
Ich fahre sicher hin mit Frieden,
mein großer Jammer bleibt danieden.
Es ist genug [genung].

Aquí vai a cantata completa, gravada no 1964 polo Münchener Bach-Chor baixo a dirección de Karl Richter:

Outra versión da cantata, cun son máis historicista, é esta gravada no 1998 polos Amsterdam Baroque Orchestra and Choir baixo a dirección de Ton Koopman:

Advertisements

25 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario