Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

J. S. Bach: Choral “Es ist genug” (aus BWV 60)

Traio hoxe un coral que Bach harmonizou para a cantata “O Ewigkeit, du Donnerwort” BWV 60, estreada no 1723 (non confundir coa cantata BWV 20, que leva o mesmo título). Podemos segui-las notas destas obras coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

A música é adaptación dunha obra escrita no 1662 por Johann Rudolf Ahle. O tritono inicial da melodía é inusual, e tamén o é o cromatismo da harmonía (ver análise histórica da melodía “Es ist genug”).

Este é o coral, non interpretado por un coro senón polos instrumentistas dunha orquestra que ían ensaia-lo concerto para violín de Alban Berg (obra na que se cita este coral)…

Aquí poño o texto (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach), baseado na quinta estrofa do himno escrito no 1662 por Franz Joachim Burmeister e musicado polo devandito Johann Rudolf Ahle. O himno pode interpretarse como glosa da oración de Elías (1 Re 19:4).

Es ist genug [genung];
Herr, wenn es dir gefällt,
so spanne mich doch aus!
Mein Jesus kommt [kömmt];
nun gute Nacht, o Welt!
Ich fahr ins Himmelshaus.
Ich fahre sicher hin mit Frieden,
mein großer Jammer bleibt danieden.
Es ist genug [genung].

Aquí vai a cantata completa, gravada no 1964 polo Münchener Bach-Chor baixo a dirección de Karl Richter:

Outra versión da cantata, cun son máis historicista, é esta gravada no 1998 polos Amsterdam Baroque Orchestra and Choir baixo a dirección de Ton Koopman:

25 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

J. S. Bach: Choral “Komm, o Tod, du Schlafes Bruder” (aus BWV 56)

Traio hoxe un coral que Bach harmonizou para a cantata “Ich will den Kreuzstab gerne tragen” (BWV 56), estreada no 1726. Podemos segui-las notas desta obra coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

Coral interpretado polos vocal concertisten baixo a dirección de Kristian Commichau:

Outra versión, interpretada polo Balthasar-Neumann Chor baixo a dirección de Thomas Hengelbrock:

Neste vídeo podemos ve-la partitura, parece que a gravación a dirixiu Rudolf Baumgartner no 1956:

Aquí poño o texto (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach), baseado nunha estrofa do himno “Du, o schönes Weltgebäude” (Johann Franck, 1653).

Komm, o Tod, du Schlafes Bruder,
komm und führe mich nur fort;
löse meines Schiffleins Ruder,
bringe mich an sichern Port!
Es mag, wer da will, dich scheuen,
du kannst mich vielmehr erfreuen;
denn durch dich komm ich herein
zu dem schönsten Jesulein.

As lecturas correspondentes ó culto luterano que acompañarían a esta cantata serían Ef 4:22-28 e Mt 9:1-8 (poden verse na compilación feita por Francis Browne).

20 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

J. S. Bach: cantata BWV 140, “Wachet auf, ruft uns die Stimme”

Traio hoxe unha das máis famosas cantatas de Bach, “Wachet auf, ruft uns die Stimme” (BWV 140), estreada no 1731. Podemos segui-las notas desta obra coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

Cantata completa, interpretada por Amsterdam Baroque Orchestra and Choir baixo a dirección de Ton Koopman:

Coro inicial interpretado por Chor und Orchester der J. S. Bach-Stiftung, Sankt Gallen baixo a dirección de Rudolf Lutz:

Outra vez a cantata completa, agora interpretada polo Concentus musicus Wien e o Tölzer Knabenchor baixo a dirección de Nikolaus Harnoncourt; non me gusta moito como a leva, póñoa porque no vídeo podemos segui-la partitura:

Aquí poño os textos (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach).

1. Coro.

Wachet auf, ruft uns die Stimme
der Wächter sehr hoch auf der Zinne,
Wach auf, du Stadt Jerusalem!
Mitternacht heißt diese Stunde;
Sie rufen uns mit hellem Munde:
Wo seid ihr klugen Jungfrauen?
Wohl auf, der Bräutgam kömmt;
steht auf, die Lampen nehmt! Alleluja!
Macht euch bereit
zu der Hochzeit,
ihr müsset ihm entgegen gehn!

2. Recitativo (Tenor).

Er kommt, er kommt,
Der Bräutgam kommt!
Ihr Töchter Zions, kommt heraus,
Sein Ausgang eilet aus der Höhe
In euer Mutter Haus.
Der Bräutgam kommt, der einem Rehe
Und jungen Hirsche gleich
Auf denen Hügeln springt
Und euch das Mahl der Hochzeit bringt.
Wacht auf, ermuntert euch!
Den Bräutgam zu empfangen!
Dort, sehet, kommt er hergegangen.

3. Aria-Duetto: Seele (Sopran), Jesus (Bass).

[Seele] Wenn kömmst du, mein Heil?
[Jesus] Ich komme, dein Teil.
[Seele] Ich warte mit brennendem Öle.
[beide] Eröffne [ich öffne] den Saal
zum himmlischen Mahl.
[Seele] Komm, Jesu!
[Jesus] Komm, liebliche Seele!

4. Choral (Tenor)

Zion hört die Wächter singen,
Das Herz tut ihr vor Freuden springen,
Sie wachet und steht eilend auf.
Ihr Freund kommt vom Himmel prächtig,
Von Gnaden stark, von Wahrheit mächtig,
Ihr Licht wird hell, ihr Stern geht auf.
Nun komm, du werte Kron,
Herr Jesu, Gottes Sohn!
Hosianna!
Wir folgen all
Zum Freudensaal
Und halten mit das Abendmahl.

5. Recitativo (Bass).

So geh herein zu mir,
Du mir erwählte Braut!
Ich habe mich mit dir
Von Ewigkeit vertraut.
Dich will ich auf mein Herz,
Auf meinem Arm gleich wie ein Siegel setzen
Und dein betrübtes Aug ergötzen.
Vergiß, o Seele, nun
Die Angst, den Schmerz,
Den du erdulden müssen;
Auf meiner Linken sollst du ruhn,
Und meine Rechte soll dich küssen.

6. Aria-Duetto: Seele (Sopran), Jesus (Bass).

[Seele] Mein Freund ist mein,
[Jesus] Und ich bin dein,
[beide] Die Liebe soll nichts scheiden.
Ich will [du sollst] mit dir [mir] in Himmels Rosen weiden,
Da Freude die Fülle, da Wonne wird sein.

7. Choral

Gloria sei dir gesungen
Mit Menschen- und englischen Zungen,
Mit Harfen und mit Zimbeln schon.
Von zwölf Perlen sind die Pforten,
An deiner Stadt; wir sind Konsorten
Der Engel hoch um deinen Thron.
Kein Aug hat je gespürt,
Kein Ohr hat je gehört
Solche Freude.
Des sind wir froh,
Io, io!
Ewig in dulci jubilo.

As lecturas correspondentes ó culto luterano que acompañarían a esta cantata serían 1Tes 5:1-11, 2Cor 5:1-10 e Mt 25:1-13 (poden verse na compilación feita por Francis Browne).

8 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

Bach: Praeludium und Fuge gis-Moll, BWV 887 (Fernando De Luca, Cembalo; Alexander Orlov, Bajan; Friedrich Gulda, Klavier)

Traio hoxe outro número do “Cravo ben temperado”, o preludio e a fuga en “sol díese menor” do segundo libro (BWV 887). Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

Esta interpretación, ó cravo, é de Fernando De Luca:

Estoutra, ó bayan, é de Alexander Orlov:

E outra máis, esta ó piano, por Friedrich Gulda:

6 Agosto 2013 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Well-tempered Clavier | Deixar un comentario

Buxtehude: Praeludium g-Moll BuxWV 163 (Fernando De Luca, Cembalo)

O organista e compositor Dieterich Buxtehude (ca. 1638 – 1707; o seu nome pode aparecer escrito doutras formas, como Diderik, Diderich ou Dietrich) foi unha grande influencia na música do seu tempo, especialmente na de Johann Sebastian Bach; é famosa, e fermosa, a anécdota da viaxe a pé de catrocentos quilómetros que fixo Bach (quen faltaba ademais ás súas obrigas laborais) para aprender do mestre Buxtehude (isto sucedeu entre 1705 e 1706).

Aquí podemos escoitar un preludio en “sol menor”, o catalogado como BuxWV 163. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca

Non encontrei esta obra, pero hai outras partituras de Buxtehude na páxina do International Music Score Library Project (IMSLP).

28 Abril 2013 Posted by | Buxtehude, Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | Deixar un comentario

Bach: Fantasie g-Moll BWV 920 / Anh. II 87 (Cristiano Holtz, Cembalo)

Traio hoxe outra marabilla para cravo, de autoría incerta, nalgún tempo atribuída a Johann Sebastian Bach co número de catálogo BWV 920 / Anh. II 87. É unha Fantasia en “sol menor”. A interpretación debémoslla a Cristiano Holtz.

Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

11 Decembro 2012 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | Deixar un comentario

Bach: Toccata fis-Moll, BWV 910 (Fernando De Luca, Cembalo)

Traio hoxe outra marabilla de Johann Sebastian Bach, a Toccata en “fa díese menor” BWV 910. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca

Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

24 Novembro 2012 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | Deixar un comentario

Bach: Englische Suite VI d-Moll BWV 811 (Fernando De Luca, Cembalo)

Traio hoxe outra marabilla de Johann Sebastian Bach, a Englische Suite en “re menor” BWV 811. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca

Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

25 Outubro 2012 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | Deixar un comentario

Bach: Toccata c-Moll, BWV 911 (Fernando De Luca, Cembalo)

Traio hoxe outra marabilla de Johann Sebastian Bach, a Toccata en “dó menor” BWV 911. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca

Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

21 Agosto 2012 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | Deixar un comentario

Bach: Praeludium und Fuge fis-Moll, BWV 859 (Fernando De Luca, Cembalo)

Traio hoxe outro dos meus números preferidos do “Cravo ben temperado”, o preludio e a fuga en “fa díese menor” do primeiro libro (BWV 859). A interpretación, ó cravo, é de Fernando De Luca

Poden encontrarse partituras para un estudo preliminar no International Music Score Library Project (IMSLP).

28 Maio 2012 Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Well-tempered Clavier | Deixar un comentario