Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Gastoldi: Bellissima Mirtilla

Traio hoxe o balletto “La bellezza”, composto por Giovanni Giacomo Gastoldi (ca. 1555 – 1609). A interpretación é da Cappella Transylvanica (director: Cornel Groza)…

A obra completa é unha publicación do 1591. Na edición do 1596 leva por título Balletti a cinque voci con li suoi versi per cantare, sonare et ballare con una mascherata de cacciatori a sei voci et un concerto de pastori a otto.

Fontes do texto: Choral Public Domain Library, onde hai varias transcripcións da música e International Music Score Library Project, onde se pode ver un escaneado coa edición de Pietro Phalesio (1596).

1. Bellissima Mirtilla,
tu di luce avanzi il Sol.
E con un raggio sol
accendi mille cor.
Chi sempre mai del foco tuo sfavilla
può viver lieto ogn’ hor.
Fa, la, la…

2. Coi tuoi leggiadri sguardi
fai hor viver, hor morir.
Ne alcun si può schermir
dal grande tuo valor.
Chi vuol fuggir hà sempre i passi tardi
e parte tutto ardor.
Fa, la, la…

3. Beltà celeste in terra
in te scorge occhio mortal.
Ne odor spirano egual
al tuo di Maggio i fior.
Innanzi a te humil anco s’atterra
pietà chiedendo Amor.
Fa, la, la…

4. Se vinto a te s’inchina
chi fu sempre invitto arcier,
ben vuol ogni dover
che a te dian tutti honor
e lodi ognun quella beltà divina
per cui languisce e muor.
Fa, la, la…

As expresións da segunda estrofa “passi tardi” e “schermir” recordan o soneto “Solo et pensoso” (Canzoniere, XXXV) de Francesco Petrarca (1304 – 1374). Lamentablemente, poucas reminiscencias de Petrarca se encontran nestes poemas, que se salvan porque os musicou Gastoldi. Non deixa de asombrarme, por moito que o fenómeno se repita hoxe, que as creacións do espírito humano poidan esquecerse e dexenerar durante “séculos escuros” despois dunha “idade dourada” como a de Dante e Petrarca. Este é o soneto do que falo:

Solo et pensoso i piú deserti campi
vo mesurando a passi tardi et lenti,
et gli occhi porto per fuggire intenti
ove vestigio human l’arena stampi.

Altro schermo non trovo che mi scampi
dal manifesto accorger de le genti,
perché negli atti d’alegrezza spenti
di fuor si legge com’io dentro avampi:

sì ch’io mi credo omai che monti et piagge
et fiumi et selve sappian di che tempre
sia la mia vita, ch’è celata altrui.

Ma pur sí aspre vie né sí selvagge
cercar non so ch’Amor non venga sempre
ragionando con meco, et io co’llui.

Advertisements

11 Febreiro 2015 Posted by | Dance, Gastoldi, Literature, Music, Petrarca, Poetry, Vocal music | Deixar un comentario

Morreu Agustín García Calvo

Vida e obras de Agustín García Calvo na Editorial Lucina.

2 Novembro 2012 Posted by | Human Rights, Language, Literature, Philosophy, Poetry, Politics, Spain | Deixar un comentario

Europa morre ó compás neoliberal

Schiller / Beethoven / The Muppets: “An die Freude”

24 Setembro 2012 Posted by | Beethoven, Human Rights, Humour, Literature, Music, Poetry, Politics, Visual arts, Vocal music | Deixar un comentario

Gloria Fuertes: “Pienso mesa y digo silla”

Hoxe traio un poema de Gloria Fuertes, que algúns clasifican inexplicablemente como “infantil”. Protesto: o simple tamén pode ser profundo…

Pienso mesa y digo silla,
compro pan y me lo dejo,
lo que aprendo se me olvida,
lo que pasa es que te quiero.

La trilla lo dice todo;
y el mendigo en el alero,
el pez vuela por la sala,
el toro sopla en el ruedo.

Entre Santander y Asturias
pasa un río, pasa un ciervo,
pasa un rebaño de santas,
pasa un peso.

Entre mi sangre y el llanto
hay un puente muy pequeño,
y por él no pasa nada,
lo que pasa es que te quiero.

Nota: encontrei este poema no blog do doutor José Ramón Alonso Peña, a quen debemos un importante labor divulgativo no campo da Neurobioloxía, tanto na súa páxina como no portal Autismo Diario. Graciñas por compartir coñecemento e beleza.

10 Xullo 2012 Posted by | Education, Gloria Fuertes, Literature, Poetry, Science | Deixar un comentario

“Cen primaveras de Álvaro Cunqueiro (1911 – 2011)” e “El incierto señor Cunqueiro” (documentais)

A través do blog de Manuel Forcadela, “O Ximnasio de Academo”, coñecín este documental sobre o meu escritor preferido, Álvaro Cunqueiro. O documental preparouno o Grupo de Intervención Audiovisual e Literaria (GRIAL) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e leva por título “Cen primaveras de Álvaro Cunqueiro (1911 – 2011)”. É un mosaico biobibliográfico e crítico sobre a vida e a obra do escritor mindoniense con motivo do centenario do seu nacemento. Nel podemos oír as voces do propio Cunqueiro e de Ramón Otero Pedrayo, e fragmentos de entrevistas realizadas a literatos e estudosos da literatura:

Outro documental que non coñecía sobre Cunqueiro, realizado por Antón Reixa e Miguel-Anxo Murado. Leva por título “El incierto señor Cunqueiro”, e tamén combina imaxes de arquivo con entrevistas a, entre outros:

Boa parte dos cortes nos que fala Cunqueiro tomáronse de dúas fontes: a) a entrevista que lle fixo César Morán (1981), publicada en “Haberá primavera: catorce poemas, catorce cancións” (Galaxia, Vigo, 2011; ISBN: 9788498653977); e b) a entrevista que lle fixo Joaquín Soler Serrano para o programa “A fondo” de Radiotelevisión Española (1978), que se pode ver aquí:

16 Marzo 2012 Posted by | Cunqueiro, Education, Galicia, History, Language, Literature, Poetry | Deixar un comentario

César Morán estrea blog e edita dobre CD arredor de Cunqueiro

O profesor César Carlos Morán Fraga estrea blog. Sei ben que ten moito que dicir e que cantar, como pon de manifesto na súa máis recente publicación: “Haberá primavera: catorce poemas, catorce cancións” (Galaxia, Vigo, 2011; ISBN: 9788498653977). Van no lote un libro e dous CD: un con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados e cantados por César Morán, e outro coa entrevista que César Morán lle fixo a Cunqueiro.

Aquí sae César Morán cantando un poema de Cunqueiro ao que puxo música:

11 Decembro 2011 Posted by | Cunqueiro, Education, Galicia, Literature, Music, Poetry, Vocal music | Deixar un comentario

Liberqué, igualiquién, fraternicuándo

Vivimos tempos de SMS, de tweet, de viñeta, de graffiti, de slogan e de spot publicitario. Xa se considera extensa (tl;dr) algunha entrada de blog ou columna xornalística.

Estas formas de expresión moven máis a nosa mente emotiva que a nosa mente cognitiva, e por si mesmas non serven para a elaboración de conceptos ou para o diálogo, pero se unha mensaxe breve atinxe a profundidade dun aforismo ou a beleza dun haiku, entón traspasa o noso cerebro e o noso corazón a un tempo, iluminando a realidade desde unha nova perspectiva, que axudará a un novo diálogo e a unha nova conceptualización. Como dicían os de Ronseltz:

O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso recomendamos aos lectores que usen casco.

Este graffiti reproduce unha creación do poeta neorrabioso. Protesta contra a propaganda que nos vende unha transición á democracia, unhas conquistas sociais, un “Estado do benestar”… Fai preguntas retóricas usando os elementos do lema revolucionario francés Liberté, égalité, fraternité (clicar para ampliar)…

Sobre o asunto da liberdade vin estes días unha boa viñeta de Forges:

E outra de Bernardo Erlich:

Que aproveite…

10 Outubro 2011 Posted by | Humour, Literature, Philosophy, Poetry, Politics, Propaganda, Visual arts | Deixar un comentario

Xosé Neira Vilas: “Querido Tomás”

Xosé Neira Vilas, nacido no 1928, aínda escribe, e traballa na súa Fundación. Este texto seu é para min un clásico. Eu so tiña oito anos cando se publicou, pero tiven a rara sorte de dispoñer desde neno de libros galegos, primeiro na biblioteca do meu avó Manuel, e logo na Biblioteca Pública do Estado, que daquela compartía edificio co Arquivo do Reino de Galicia. Meu avó tiña un afecto desmedido, enfermizo, polos libros, os mapas e outros documentos, doenza que eu herdei, e poucas veces emprestaba un libro, dicía que nós non apreciabamos abondo o seu valor. Quizá non lle faltase razón. O caso é que onde os puiden ler foi na mencionada biblioteca pública. Se algún día me condenan e vou ao cárcere por algún “delicto contra o sistema”, delatarei a esa biblioteca como un dos principais inductores do meu pensamento… :-)

O texto é o principio da novela Querido Tomás (Ediciós do Castro, 1980; ISBN: 9788474920505). Como é habitual neste autor, o texto ten un galego moi rico e un ritmo fermosísimo. A min paréceme un bo exemplo diso que algúns chaman “prosa poética”, así que me tomei a licenza de transcribilo como se fosen versos. Algúns destes versos son octosílabos como os das cántigas populares, heptasílabos, hendecasílabos como os dun soneto… Outros son case alexandrinos, cos seus hemistiquios e a súa cesura!

Agora vexo ben o azul de alá endiante,
onde o río dá a volta darredor do penedo.
Vexo como se espalla ese rachón de ceo,
esa guichola cinguida polas nubes viaxeiras.

Tantos anos aquí, nesta aldea mortiza,
dando por ollado e sabido canto hai,
hastra que caio na conta de que nada conozo.
Todo é vello e novo ó mesmo tempo.
Todo está e non está.
E eu ando a beliscarme pra saber de min,
pra ter a seguranza de que son e de que estou.

Dende que se me deu por traguer
as miñas cavilacións aquí,
á orela da ponte,
véxolle un novo anchor ó mundo
e avivecen en min,
en mestura de anduriña e toupa,
uns degaros tolos de fuxir
e un sono de pedra vella,
que se afunde maina e silandeira
no miolo da terra.

O río sigue no seu,
coma fai catro ou cinco ou cen mil anos.
Sigue rolando, moendo o tempo
e luíndo pelouros con feroce teimosía;
badúa, ruxe, agurgulla en escumas,
fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida,
o alento de cada hora
dándolle feitío á eternidade,
e síntome cativa no arrimo desta orela,
destas pedras carricentas
postas polo xenio andeiro dos romanos.

[…]

Deus (clementísimo, misericordiosísimo) bendiga aos que crean e comparten a beleza e a verdade…

1 Outubro 2011 Posted by | Education, Galicia, Language, Literature, Poetry | Deixar un comentario

und Gott sah dass es gut war?

No nome de Deus clementísimo, misericordiosísimo, non esperes coherencia ou “lóxica” no que segue, escribo principalmente para min mesmo, di me medesmo meco mi vergogno, como catarse e apocatástase, etsi Deus non daretur. Hoxe tiven un día estraño dentro dunha semana estraña dentro dun ano estraño dentro dunha existencia estraña, e o que non chove por fóra chóveo por dentro… und Gott sah dass es gut war?

Aleph. Quomodo sedet sola civitas plena populo:
facta est quasi vidua domina gentium;
princeps provinciarum facta est sub tributo.

Antes que comáis a Dios
en este sacro manjar,
alma, será bien pensar
quién es Dios y quién sois vos.

Antes que en vuestra posada
recibáis al Rey del cielo,
vivid, alma, con recelo,
si estáis bien aparejada.

Y pues recibís a Dios,
en este sacro manjar,
alma, será bien pensar
quién es Dios y quién sois vos.

O che splendor dei luminosi rai
sento ferirmi agli occhi!
E par’ che il cor mi tocchi
una dolcezza smisurata e nuova.
Credo che qui si trova
la cagion del mio male:
che certo un lume tale
con sì strana dolcezza
non puot’ uscir se non da sua bellezza!

7 Xullo 2011 Posted by | Francisco Guerrero, Juan Gutiérrez de Padilla, Literature, Music, Palestrina, Philosophy, Poetry, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

Monteverdi: “Sfogava con le stelle” (The Consort of Musicke, Anthony Rooley)

Xa trouxen a esta bitácora o precioso “Sfogava con le stelle”, composto por Claudio Monteverdi e publicado no seu cuarto libro de madrigais (1603). Foi nas seguintes anotacións:

Aquí os intérpretes son The Consort of Musicke, dirixidos por Anthony Rooley:

O texto é dun dos primeiros libretistas de ópera, Ottavio Rinuccini:

Sfogava con le stelle
un infermo d’amore
sotto notturno cielo il suo dolore.
E dicea fisso in loro:
«O imagini belle
de l’idol mio ch’adoro,
sì com’a me mostrate
mentre così splendete
la sua rara beltate,
così mostraste a lei
i vivi ardori miei:
la fareste col vostr’aureo sembiante
pietosa sì come me fate amante».

3 Maio 2011 Posted by | Literature, Monteverdi, Music, Poetry, Vocal music | Deixar un comentario