Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite LibreOffice

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite ofimática LibreOffice, desenvolvida por The Document Foundation. As versións da serie 5.0 (fresh) aínda non as recomendan para os usuarios (domésticos ou corporativos) máis conservadores. Para estes, a millor alternativa é a serie 4.4 (still), que vai polo chanzo 4.4.7. Podedes ve-los detalles nas páxinas What’s LibreOffice e Release Notes.

LibreOffice naceu no 2010 cando moitos programadores e usuarios comprobaron que a Oracle Corporation estaba a perverte-lo espírito orixinal de OpenOffice.org.

LibreOffice é software libre e totalmente gratuíto, pero o aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar catro máis:

  • o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
  • o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
  • hai versións de LibreOffice para Windows, Mac e Linux
  • podemos escolle-la nosa lingua, no meu caso o galego, grazas ós equipos de tradución voluntarios

19 Decembro 2015 Posted by | "Intellectual property", Galicia, Software | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” o VLC media player 2.2.1

Xa se pode descargar, libre e gratuíto, o VLC media player 2.2.1. Este programa é software libre (licencias GNU GPL e LGPL) e está dispoñible para Windows, Mac, Linux, Android e outros sistemas operativos. A nova versión incorpora milloras de rendemento e seguridade. Este é un extracto da súa presentación:

  • Reprodúceo todo (ficheiros, discos, cámaras web, fluxos), sen necesidade dun paquete de códecs: DVD, VCD, Audio-CD, DivX, H.264, MKV, WebM, WMV, MP3…
  • Totalmente libre, sen software espía, sen publicidade e sen facer un seguimento dos usuarios.

Para saber máis, consultade a páxina features e as release notes.

19 Abril 2015 Posted by | Software | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” o Sumatra PDF 3.0

Entre os problemas do Adobe Reader, o programa máis usado para ler documentos PDF, están o seu “peso” e a súa seguridade. Unha boa alternativa, que encontrei en pdfreaders.org, lixeira, libre e gratuíta, aínda que so para Windows, é o Sumatra PDF, que acaba de poñer “na rúa” a súa versión 3.0. Este é un remix que fixen a partir da súa presentación:

21 Outubro 2014 Posted by | Software | Deixar un comentario

A vulnerabilidade “Heartbleed”

A vulnerabilidade “Heartbleed” coñecida esta semana comprometeu, nalgúns casos durante dous anos, a seguridade dos datos nos servidores que usan OpenSSL das series 1.0.1 (ata a actualización 1.0.1f, disque a 1.0.1g é segura) e 1.0.2-beta. Tralo rebumbio de onte, Heartbleed xa parece máis cousa do pasado que do futuro. Pero é grave, e estivo sen corrixir durante moito tempo en servidores de todo o mundo. Os ladróns non tiñan por que ser moi listos, so tiñan que saber que a porta non tiña pecho.

En vista do secretismo que exhiben Yahoo! e outras corporacións do sector, nunca saberemos cal foi o nivel de inseguridade real que Heartbleed supuxo para os datos dos usuarios. Disque a Heartbleed era unha das portas traseiras usadas pola United States Intelligence Community. Conspiranoias aparte, hoxe os únicos consellos que se albiscan son cambia-los contrasinais e cruza-los dedos… :-/

Para saber máis:

9 Abril 2014 Posted by | Politics, Software, United States | Deixar un comentario

Algoritmos con algo de ritmo (folclore húngaro e computación)

A idea para estes vídeos naceu na Universidade Sapientia, creada polos húngaros de Romanía. Os húngaros son unha minoría étnica e lingüística no conxunto do Estado romanés (un millón e pico, un seis por cento), pero o seu número é moi significativo en sete das dezaoito provincias (Hargita ten un 85%, Kovászna un 74%, Maros un 38%, Szatmár un 34%). Esta distribución correspóndese, por regra xeral, coa rexión histórica coñecida como Transilvania, que formaba parte de Hungría antes do Tratado de Trianon.

O grupo universitario mantén unha páxina moi didáctica titulada Algo-rythmics. Os intérpretes de música e danza pertencen ó grupo folclórico de Marosvásárhely Maros Művészegyüttes. A min encántanme a idea e a música… :-)

Este vídeo, por exemplo, mostra graficamente e con algo de ritmo o algoritmo de ordenación quicksort, moi usado en computación. Os procesadores fan este baile millóns de veces por segundo:

Este outro fai o mesmo co algoritmo shellsort:

O conxunto dos vídeos pode verse na citada páxina didáctica ou no canal de Youtube asociado.

14 Decembro 2013 Posted by | Dance, Education, Folklore, Geography, History, Hungary, Music, Romania, Science, Software | Deixar un comentario

Ubuntu 12.04, tamén dispoñible en galego

Ubuntu, un dos sistemas operativos máis extendidos entre os usuarios de software libre, vén de publicar unha nova versión estable, a 12.04 LTS. Grazas á comunidade de voluntarios do Proxecto Trasno, temos tradución ao galego.

Ver a noticia completa: Ubuntu 12.04 “Precise Pangolin” xa dispoñíbel en galego.

28 Abril 2012 Posted by | Education, Galicia, Language, Politics, Software | Deixar un comentario

Consulta no Firefox o Dicionario da Real Academia Galega

Hai dúas semanas que a Real Academia Galega (RAG) presentou a súa nova páxina web. Destaca entre as novidades desa páxina a consulta gratuíta do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Antes na web da RAG so podiamos procurar unha palabra no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa), onde aparecen as formas pero non as definicións das palabras.

Hoxe a noticia é que podemos integrar o DRAG na lista de buscadores do navegador Firefox (que tamén ten versión en galego). Debémoslle esta ferramenta, como tantas outras, ao traballo altruísta do Proxecto Trasno. As instrucións para instalar o complemento están aquí: “Trasno presenta un buscador no Dicionario da RAG para Firefox”.

13 Abril 2012 Posted by | Education, Galicia, Language, Mozilla Firefox, Software | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” o MuseScore 1.2

Xa saíu a versión estable 1.2 do MuseScore, software libre de composición e notación musical desenvolvido baixo a dirección de Werner Schweer. Para os que non coñezan este programa, copio máis abaixo un extracto da presentación que figura na páxina principal. Quen xa o coñeza, pode ir á páxina das novidades.

MuseScore is a free cross-platform WYSIWYG music notation program, that offers a cost-effective alternative to professional programs such as Sibelius and Finale. You can print beautifully engraved sheet music or save it as a PDF or MIDI file. Some highlights:

  • WYSIWYG, notes are entered on a “virtual note sheet”
  • Available for Windows, Mac and Linux
  • GNU GPL licensed
  • Translated into 47 languages
  • Unlimited number of staves
  • Up to four voices per staff
  • Easy and fast note entry with your keyboard, mouse, or MIDI keyboard
  • Integrated sequencer and FluidSynth software synthesizer
  • Import and export of MusicXML and Standard MIDI Files

MuseScore screenshot

15 Marzo 2012 Posted by | Education, Music, Software | Deixar un comentario

Cilenis, software libre para conxugar verbos galegos e portugueses

Nace unha ferramenta moi útil para os que queiran escribir en galego: o Cilenis Conxugador, que permite coñecer a conxugación dos verbos galegos e tamén a dos verbos portugueses. Ademais, é software libre. Vin esta noticia en Galicia Confidencial.

8 Novembro 2011 Posted by | Education, Galicia, Language, Software | 1 comentario

Aprender(mos) para evitar(lles) os perigos de internet

Eis o extracto dunha mesa redonda sobre “menores e redes sociais”, onde fala un membro do Grupo de Delictos Telemáticos (Guardia Civil). Eu destacaría a parte na que fala da educación que recibimos dos nosos pais. Eles podían advertirnos de perigos que coñecían por “tradición oral” como os roubos ou as intoxicacións por alcohol e outras drogas. Pero os perigos de internet son completamente novos, xorden nunha infancia que usa ferramentas e códigos que non coñecemos. Por iso, os pais e os profesores temos que aprender en que consisten os novos perigos para evitalos nós e evitárllelos ás novas xeracións…

Dicía un profesor meu de Maxisterio que para ensinarlle Matemáticas a Antonio, hai dous saberes indispensables. Como o que queremos é tender pontes entre as Matemáticas e Antonio, hai que coñecer a estrutura (científica) das Matemáticas e hai que coñecer a estrutura (cognitiva) de Antonio. O que resumía dicindo “para ensinarlle Matemáticas a Antonio cómpre aprender Matemáticas e Antonioloxía”.

Recordemos tamén que a ferramenta máis importante (a cabeza) xa a tiñamos antes de internet, pero vén sen libro de instrucións, así que hai que aprender a usala… e logo usala!

28 Setembro 2011 Posted by | Education, Humour, Software | Deixar un comentario