Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

J. S. Bach: Choral “Komm, o Tod, du Schlafes Bruder” (aus BWV 56)

Traio hoxe un coral que Bach harmonizou para a cantata “Ich will den Kreuzstab gerne tragen” (BWV 56), estreada no 1726. Podemos segui-las notas desta obra coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

Coral interpretado polos vocal concertisten baixo a dirección de Kristian Commichau:

Outra versión, interpretada polo Balthasar-Neumann Chor baixo a dirección de Thomas Hengelbrock:

Neste vídeo podemos ve-la partitura, parece que a gravación a dirixiu Rudolf Baumgartner no 1956:

Aquí poño o texto (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach), baseado nunha estrofa do himno “Du, o schönes Weltgebäude” (Johann Franck, 1653).

Komm, o Tod, du Schlafes Bruder,
komm und führe mich nur fort;
löse meines Schiffleins Ruder,
bringe mich an sichern Port!
Es mag, wer da will, dich scheuen,
du kannst mich vielmehr erfreuen;
denn durch dich komm ich herein
zu dem schönsten Jesulein.

As lecturas correspondentes ó culto luterano que acompañarían a esta cantata serían Ef 4:22-28 e Mt 9:1-8 (poden verse na compilación feita por Francis Browne).

Advertisements

20 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

J. S. Bach: cantata BWV 140, “Wachet auf, ruft uns die Stimme”

Traio hoxe unha das máis famosas cantatas de Bach, “Wachet auf, ruft uns die Stimme” (BWV 140), estreada no 1731. Podemos segui-las notas desta obra coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

Cantata completa, interpretada por Amsterdam Baroque Orchestra and Choir baixo a dirección de Ton Koopman:

Coro inicial interpretado por Chor und Orchester der J. S. Bach-Stiftung, Sankt Gallen baixo a dirección de Rudolf Lutz:

Outra vez a cantata completa, agora interpretada polo Concentus musicus Wien e o Tölzer Knabenchor baixo a dirección de Nikolaus Harnoncourt; non me gusta moito como a leva, póñoa porque no vídeo podemos segui-la partitura:

Aquí poño os textos (fonte: páxina de Walter F. Bischof cos textos das cantatas de Bach).

1. Coro.

Wachet auf, ruft uns die Stimme
der Wächter sehr hoch auf der Zinne,
Wach auf, du Stadt Jerusalem!
Mitternacht heißt diese Stunde;
Sie rufen uns mit hellem Munde:
Wo seid ihr klugen Jungfrauen?
Wohl auf, der Bräutgam kömmt;
steht auf, die Lampen nehmt! Alleluja!
Macht euch bereit
zu der Hochzeit,
ihr müsset ihm entgegen gehn!

2. Recitativo (Tenor).

Er kommt, er kommt,
Der Bräutgam kommt!
Ihr Töchter Zions, kommt heraus,
Sein Ausgang eilet aus der Höhe
In euer Mutter Haus.
Der Bräutgam kommt, der einem Rehe
Und jungen Hirsche gleich
Auf denen Hügeln springt
Und euch das Mahl der Hochzeit bringt.
Wacht auf, ermuntert euch!
Den Bräutgam zu empfangen!
Dort, sehet, kommt er hergegangen.

3. Aria-Duetto: Seele (Sopran), Jesus (Bass).

[Seele] Wenn kömmst du, mein Heil?
[Jesus] Ich komme, dein Teil.
[Seele] Ich warte mit brennendem Öle.
[beide] Eröffne [ich öffne] den Saal
zum himmlischen Mahl.
[Seele] Komm, Jesu!
[Jesus] Komm, liebliche Seele!

4. Choral (Tenor)

Zion hört die Wächter singen,
Das Herz tut ihr vor Freuden springen,
Sie wachet und steht eilend auf.
Ihr Freund kommt vom Himmel prächtig,
Von Gnaden stark, von Wahrheit mächtig,
Ihr Licht wird hell, ihr Stern geht auf.
Nun komm, du werte Kron,
Herr Jesu, Gottes Sohn!
Hosianna!
Wir folgen all
Zum Freudensaal
Und halten mit das Abendmahl.

5. Recitativo (Bass).

So geh herein zu mir,
Du mir erwählte Braut!
Ich habe mich mit dir
Von Ewigkeit vertraut.
Dich will ich auf mein Herz,
Auf meinem Arm gleich wie ein Siegel setzen
Und dein betrübtes Aug ergötzen.
Vergiß, o Seele, nun
Die Angst, den Schmerz,
Den du erdulden müssen;
Auf meiner Linken sollst du ruhn,
Und meine Rechte soll dich küssen.

6. Aria-Duetto: Seele (Sopran), Jesus (Bass).

[Seele] Mein Freund ist mein,
[Jesus] Und ich bin dein,
[beide] Die Liebe soll nichts scheiden.
Ich will [du sollst] mit dir [mir] in Himmels Rosen weiden,
Da Freude die Fülle, da Wonne wird sein.

7. Choral

Gloria sei dir gesungen
Mit Menschen- und englischen Zungen,
Mit Harfen und mit Zimbeln schon.
Von zwölf Perlen sind die Pforten,
An deiner Stadt; wir sind Konsorten
Der Engel hoch um deinen Thron.
Kein Aug hat je gespürt,
Kein Ohr hat je gehört
Solche Freude.
Des sind wir froh,
Io, io!
Ewig in dulci jubilo.

As lecturas correspondentes ó culto luterano que acompañarían a esta cantata serían 1Tes 5:1-11, 2Cor 5:1-10 e Mt 25:1-13 (poden verse na compilación feita por Francis Browne).

8 Marzo 2015 Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

Gastoldi: Bellissima Mirtilla

Traio hoxe o balletto “La bellezza”, composto por Giovanni Giacomo Gastoldi (ca. 1555 – 1609). A interpretación é da Cappella Transylvanica (director: Cornel Groza)…

A obra completa é unha publicación do 1591. Na edición do 1596 leva por título Balletti a cinque voci con li suoi versi per cantare, sonare et ballare con una mascherata de cacciatori a sei voci et un concerto de pastori a otto.

Fontes do texto: Choral Public Domain Library, onde hai varias transcripcións da música e International Music Score Library Project, onde se pode ver un escaneado coa edición de Pietro Phalesio (1596).

1. Bellissima Mirtilla,
tu di luce avanzi il Sol.
E con un raggio sol
accendi mille cor.
Chi sempre mai del foco tuo sfavilla
può viver lieto ogn’ hor.
Fa, la, la…

2. Coi tuoi leggiadri sguardi
fai hor viver, hor morir.
Ne alcun si può schermir
dal grande tuo valor.
Chi vuol fuggir hà sempre i passi tardi
e parte tutto ardor.
Fa, la, la…

3. Beltà celeste in terra
in te scorge occhio mortal.
Ne odor spirano egual
al tuo di Maggio i fior.
Innanzi a te humil anco s’atterra
pietà chiedendo Amor.
Fa, la, la…

4. Se vinto a te s’inchina
chi fu sempre invitto arcier,
ben vuol ogni dover
che a te dian tutti honor
e lodi ognun quella beltà divina
per cui languisce e muor.
Fa, la, la…

As expresións da segunda estrofa “passi tardi” e “schermir” recordan o soneto “Solo et pensoso” (Canzoniere, XXXV) de Francesco Petrarca (1304 – 1374). Lamentablemente, poucas reminiscencias de Petrarca se encontran nestes poemas, que se salvan porque os musicou Gastoldi. Non deixa de asombrarme, por moito que o fenómeno se repita hoxe, que as creacións do espírito humano poidan esquecerse e dexenerar durante “séculos escuros” despois dunha “idade dourada” como a de Dante e Petrarca. Este é o soneto do que falo:

Solo et pensoso i piú deserti campi
vo mesurando a passi tardi et lenti,
et gli occhi porto per fuggire intenti
ove vestigio human l’arena stampi.

Altro schermo non trovo che mi scampi
dal manifesto accorger de le genti,
perché negli atti d’alegrezza spenti
di fuor si legge com’io dentro avampi:

sì ch’io mi credo omai che monti et piagge
et fiumi et selve sappian di che tempre
sia la mia vita, ch’è celata altrui.

Ma pur sí aspre vie né sí selvagge
cercar non so ch’Amor non venga sempre
ragionando con meco, et io co’llui.

11 Febreiro 2015 Posted by | Dance, Gastoldi, Literature, Music, Petrarca, Poetry, Vocal music | Deixar un comentario

Lei de accesibilidade de Galicia

Vén de publicarse no DOG a Lei 10/2014, de accesibilidade. O texto pode consultarse en versións HTML e PDF:

Na exposición de motivos fala da normativa que xa existía sobre accesibilidade. Xa imos afeitos, na nosa burrocracia, á sobreabundancia de leis. Moitas veces excusaban de facer leis novas, abondaba con cumprir e facer cumprir aquelas que había de antes. Agora, se o aforismo de Laozi volve acertar, veremos que “cantas máis normas, maior número de delincuentes”… :-/

Normativa internacional:

  • Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, do 13 de decembro de 2006, ratificada polo Estado español e publicada no BOE o 21 de abril de 2008

Normativa estatal:

  • Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social das persoas con discapacidade (LISMI)
  • Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDAU)
  • Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade
  • Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Normativa autonómica:

  • Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da lei e o Código de accesibilidade
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

18 Decembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Politics | Deixar un comentario

Voz Salud Mental

Hoxe recibín unha mensaxe por Facebook que convida a participar na enquisa dunha campaña chamada “Voz Salud Mental”. Esta campaña vén asinada por unha empresa de marketing farmacéutico (Clover SGM), dúas asociacións sen ánimo de lucro (FEAFES e AMAFE) e dúas empresas farmacéuticas (Lundbeck e Otsuka). [1]

A campaña so consiste, de momento, nun formulario de enquisa. Dubido que estes axentes (tan diversos e mesmo antagónicos, podería pensar alguén non avisado) usen este medio por interesárense realmente nas opinións das persoas diagnosticadas de esquizofrenia (ou de psicose) e dos seus coidadores. Máis ben, con este medio seguen a usar a pacientes e familias para fomentar unha impresión favorable no público. E as asociacións, en vez de loitar pola desalienación e a liberación dos que sofren, venden a súa independencia ó deus Mercado.

Nada sorprendente, pois é o seu negocio, Clover SGM ten entre os seus clientes a moitas empresas farmacéuticas [2]:

FEAFES (Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental) recibiu cartos das empresas farmacéuticas AstraZeneca (a través da fundación homónima; fabricante de quetiapina (Seroquel), entre outros), Ferrer, Janssen (fabricante de haloperidol e risperidona, entre outros), Lundbeck, Otsuka e Pfizer. [3]

AMAFE (Asociación Madrileña de Amigos y Familiares de Personas con Esquizofrenia) recibiu cartos das empresas farmacéuticas AstraZeneca (a través da fundación homónima), Janssen e Roche. [4]


Referencias:

[1] Páxina web de Voz Salud Mental, consultada o 28 – XI – 2014.

[2] Sección “clientes” da páxina web de Clover SGM, consultada o 28 – XI – 2014.

[3] Sección “quiénes somos” da páxina web de FEAFES, consultada o 28 – XI – 2014.

[4] Sección “quiénes somos” da páxina web de AMAFE, consultada o 28 – XI – 2014.


¿Que teñen de malo as empresas farmacéuticas? ¿Son malos os psicofármacos?

Os psicofármacos, usados correctamente, fan moito ben a moitas persoas; pero usados incorrectamente poden facer moito mal.

As empresas farmacéuticas fan negocios multimillonarios e as súas decisións están tan desconectadas da ética como as de calquera sector do actual capitalismo salvaxe. As empresas farmacéuticas aproveitan un sistema de patentes perverso, unha política reguladora permisiva, unha ciencia médica cada vez menos independente e un público desinformado para logra-lo seu obxectivo: os fármacos que producen deben ser prescritos e consumidos no maior número posible, sen importar que consecuencias se deriven dese consumo. Por exemplo, algúns fármacos teñen unha boa relación custo-beneficio se os usan adultos en tratamentos puntuais, pero non se os usan nenos ou se facemos deles un tratamento crónico.

As empresas farmacéuticas gastan o dobre en publicidade que en investigación. As empresas farmacéuticas promoven modelos anticientíficos sobre as enfermidades e as súas causas. As empresas farmacéuticas esaxeran as bondades terapéuticas dos seus fármacos cando as súas patentes están en vigor. As empresas farmacéuticas posúen moitos laboratorios, presionan a políticos e funcionarios mediante lobbies, dominan mediante subvencións as revistas especializadas e os congresos médicos, contratan como investigadores e asesores a profesionais destacados, desacreditan activamente a profesionais críticos.

A saúde é para moitos un negocio. En consecuencia, diante de cada tratamento que apareza no mercado, diante de cada información que encontremos, debemos preguntarnos cui prodest, debemos pensar que o raposo vai coidar do galiñeiro se non miramos nós por el.

28 Novembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Medications, Mental Health, Politics, Propaganda, Schizophrenia, Spain | Deixar un comentario

Precariedade nas contratacións do SERGAS

Persoal sanitario que fai substitucións no SERGAS denuncia a extrema precariedade do sistema de contratación (V Televisión, 24 – XI – 2014)…

Visto no blog da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública – A Coruña (tamén no Facebook e no Twitter).

25 Novembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Politics, Spain | Deixar un comentario

Carrexo de votantes dementes: desinformación na TVG

Veño de ler “O carrexo de votantes dementes” no blog “Denuncia da manipulación informativa na TVG”.

A noticia sae aquí: “Los médicos acreditan la demencia de ancianos llevados a votar por el PP” (El País, 25 – X – 2014).

Outra vaca no millo.

30 Outubro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Mental Health, Politics, Propaganda | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” o Sumatra PDF 3.0

Entre os problemas do Adobe Reader, o programa máis usado para ler documentos PDF, están o seu “peso” e a súa seguridade. Unha boa alternativa, que encontrei en pdfreaders.org, lixeira, libre e gratuíta, aínda que so para Windows, é o Sumatra PDF, que acaba de poñer “na rúa” a súa versión 3.0. Este é un remix que fixen a partir da súa presentación:

21 Outubro 2014 Posted by | Software | Deixar un comentario

RBA (El Jueves) censura viñetas sobre monarquía

A censura perpetrada pola editora RBA sobre a revista de humor El Jueves so ten sentido se houbo presións exteriores, porque a publicación queda moi desprestixiada…

Imposible non acordarse da censura xudicial de hai sete anos…

Houbo máis censura estes días (e non digamos autocensura) en relación cos asuntos da monarquía. Este caso atinxe ó xornal El Mundo

Aquí se ven as portadas de El Jueves, á direita a censurada e á esquerda a que se publicou finalmente esta semana. O humor da viñeta censurada parece perfectamente tolerable, o cal fai máis incomprensible aínda a censura…

Máis abaixo vense as viñetas coas que Albert Monteys e Manel Fontdevila explicaron hoxe (no Twitter) a censura e a súa marcha da revista…

6 Xuño 2014 Posted by | Human Rights, Humour, Politics, Spain | Deixar un comentario

Europeas 2014: provincia de Ourense

Como hai moitas candidaturas, arbitrariamente fixen un corte no 1% dos votos válidos. Uso os datos provisionais do Ministerio [provincia de Ourense]. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (130 471 + 143 011 = 273 482). Ollo, eses números non contan os electores que residen fóra. Os resultados definitivos (totais por provincias) poden verse no BOE do 12 – VI – 2014.

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 143 011 n.a. 52,29%
2. PP 56 876 44,72% 20,80%
3. PSOE 29 680 23,33% 10,85%
4. AGE 8 689 6,83% 3,18%
5. BNG 7 658 6,02% 2,80%
6. PODEMOS 6 431 5,05% 2,35%
7. Brancos 3 662 2,88% 1,34%
8. UPyD 3 502 2,75% 1,28%
9. Nulos 3 292 n.a. 1,20%
10. CxG 1 961 1,54% 0,72%
11. Cs 1 507 1,18% 0,55%

Comparando estes resultados cos das eleccións europeas do 2009:

  • Houbo menos abstencións, pero a lista do PP pasou de 88 894 a 56 876 votos (do 54,11% ó 44,72% dos votos válidos).
  • E a do PSOE pasou de 55 971 a 29 680 votos (do 34,07% ó 23,33% dos votos válidos).

Comparando estes resultados cos das eleccións autonómicas do 2012:

  • A lista do PP perdeu máis dun terzo dos votos: pasou de 90 026 a 56 876.
  • A lista de AGE tamén perdeu máis dun terzo dos votos: pasou de 14 245 a 8 689.
  • A lista do BNG perdeu máis da metade dos votos: pasou de 15 492 a 7 658.

30 Maio 2014 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario