Blog de César Salgado

Victoria: “O magnum mysterium” (Kaohsiung Chamber Chorus)

Despois das que incluín nas anotacións “La Lyra Hispana” e, a semana pasada, “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (high school choir)”, traio hoxe outra interpretación de “O magnum mysterium” (unha das miñas obras corais preferidas, escrita por Tomás Luis de Victoria).

Aquí canta un coro de Kaohsiung, a segunda cidade en importancia de Taiwan. Nótese que non hai obstáculos (léase partituras) para o contacto visual entre os cantores e a directora. Hai máis pezas cantadas por este coro no canal en YouTube do Kaohsiung Chamber Chorus.

Decembro 22, 2007 - Publicado por César Salgado | Music, Tomás Luis de Victoria, Vocal music | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario