Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Eleccións estatais 2015: Galicia (deputados)

O domingo pasado (20 – XII – 2015) houbo eleccións en todo o Estado. A circunscripción é provincial. Os electores podían absterse, votar nulo, votar en branco ou, para elixi-los deputados do Congreso, optar entre varias candidaturas colectivas, con listas cerradas e bloqueadas, elaboradas internamente polos partidos políticos ou coalicións dos mesmos.

Noutra urna optabamos por un máximo de tres candidatos en listas abertas (aínda que os partidos envían mailings de propaganda a tódolos domicilios con papeletas que xa levan as tres cruces impresas) para elixir parte dos membros do Senado. Outra parte dos senadores son “designados” polas Comunidades Autónomas, como dispón o artigo 69.5 da Constitución Española.

Aquí poño os datos provisionais para o Congreso. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (1 653 863 + 611 692 = 2 265 555).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 611 692 n.a. 27,00%
2. PP 605 178 37,10% 26,71%
3. En Marea
(Podemos et al.)
408 370 25,04% 18,03%
4. PSOE 347 942 21,33% 15,36%
5. Cs 147 910 9,07% 6,53%
6. Nós (BNG et al.) 70 464 4,32% 3,11%
7. Nulos 22 689 n.a. 1,00%
8. Brancos 17 278 1,06% 0,76%
9. PACMA 13 205 0,81% 0,58%
10. UPyD 8 380 0,51% 0,37%

24 Decembro 2015 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite LibreOffice

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite ofimática LibreOffice, desenvolvida por The Document Foundation. As versións da serie 5.0 (fresh) aínda non as recomendan para os usuarios (domésticos ou corporativos) máis conservadores. Para estes, a millor alternativa é a serie 4.4 (still), que vai polo chanzo 4.4.7. Podedes ve-los detalles nas páxinas What’s LibreOffice e Release Notes.

LibreOffice naceu no 2010 cando moitos programadores e usuarios comprobaron que a Oracle Corporation estaba a perverte-lo espírito orixinal de OpenOffice.org.

LibreOffice é software libre e totalmente gratuíto, pero o aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar catro máis:

  • o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
  • o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
  • hai versións de LibreOffice para Windows, Mac e Linux
  • podemos escolle-la nosa lingua, no meu caso o galego, grazas ós equipos de tradución voluntarios

19 Decembro 2015 Posted by | "Intellectual property", Galicia, Software | Deixar un comentario

Venres negro para a cultura galega

O recentemente importado costume consumista do “black Friday” estreouse, por azar, como un venres negro para a cultura de Galicia.

Entre onte e hoxe coincidiron varias mortes: a do grande literato Xosé Neira Vilas (de quen xa falei aquí), a da filósofa Esperanza Guisán Seixas e as de dous teólogos, Xosé Alvilares Moure e Xosé Chao Rego.

A este último coñecino persoalmente a través da revista Irimia, aló polos anos oitenta e noventa, cando eu cría ser cristián. Era parte da miña inmadurez adolescente, un delirio: eu case non me coñecía a min mesmo nin coñecía apenas o cristianismo (case ninguén o fai, pero esa é outra historia).

Gardo bos recordos de Pepe Chao, porque era un home bo. Tamén os gardo doutra xente que facía a revista, sempre camiñando a contracorrente; con eles aprendín a ver moitos grises onde antes so vía branco e negro. Seguro que, de haber outra vida, Pepe e mailos outros que morreron non descansan en paz, xa estarán a traballar nalgunha cousa… :-)

28 Novembro 2015 Posted by | Galicia, Literature, Philosophy, Religion | Deixar un comentario

Eleccións municipais 2015: concello de Santiago de Compostela

Sigo coas eleccións municipais. Aquí poño os datos provisionais para o concello de Santiago de Compostela. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (47 958 + 29 137 = 77 095). As cifras corresponden ó 98,27% do escrutinio.

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 29 137 n.a. 37,79%
2. CA 16 327 34,58% 21,18%
3. PP 15 869 33,61% 20,58%
4. PSOE 6 919 14,65% 8,97%
5. BNG 3 277 6,94% 4,25%
6. Cs 2 285 4,84% 2,96%
7. CxG 1 112 2,35% 1,44%
8. Brancos 991 2,10% 1,29%
9. Nulos 738 n.a. 0,96%
10. SAIn 301 0,64% 0,39%
11. C21 139 0,29% 0,18%

A abstención segue a ser primeira forza política. Foi a opción do 38% dos electores fronte ós que optaron por Compostela Aberta (21%), polo PP (21%) ou polo PSOE (9%).

26 Maio 2015 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario