Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Eleccións estatais 2015: concello de Cambre (deputados)

O domingo pasado (20 – XII – 2015) houbo eleccións en todo o Estado. Aquí poño os datos provisionais do escrutinio no concello de Cambre (Congreso). O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (14 279 + 5 101 = 19 380).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 5 101 n.a. 26,32%
2. En Marea
(Podemos et al.)
4 497 31,88% 23,20%
3. PP 3 861 27,37% 19,92%
4. PSOE 2 940 20,84% 15,17%
5. Cs 1 802 12,78% 9,30%
6. Nós (BNG et al.) 420 2,98% 2,17%
7. Nulos 174 n.a. 0,90%
8. PACMA 161 1,14% 0,83%
9. Brancos 156 1,11% 0,80%
10. UPyD 97 0,69% 0,50%

27 Decembro 2015 Posted by | Galicia, Politics, Spain | Deixar un comentario

Eleccións estatais 2015: Galicia (deputados)

O domingo pasado (20 – XII – 2015) houbo eleccións en todo o Estado. A circunscripción é provincial. Os electores podían absterse, votar nulo, votar en branco ou, para elixi-los deputados do Congreso, optar entre varias candidaturas colectivas, con listas cerradas e bloqueadas, elaboradas internamente polos partidos políticos ou coalicións dos mesmos.

Noutra urna optabamos por un máximo de tres candidatos en listas abertas (aínda que os partidos envían mailings de propaganda a tódolos domicilios con papeletas que xa levan as tres cruces impresas) para elixir parte dos membros do Senado. Outra parte dos senadores son “designados” polas Comunidades Autónomas, como dispón o artigo 69.5 da Constitución Española.

Aquí poño os datos provisionais para o Congreso. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (1 653 863 + 611 692 = 2 265 555).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 611 692 n.a. 27,00%
2. PP 605 178 37,10% 26,71%
3. En Marea
(Podemos et al.)
408 370 25,04% 18,03%
4. PSOE 347 942 21,33% 15,36%
5. Cs 147 910 9,07% 6,53%
6. Nós (BNG et al.) 70 464 4,32% 3,11%
7. Nulos 22 689 n.a. 1,00%
8. Brancos 17 278 1,06% 0,76%
9. PACMA 13 205 0,81% 0,58%
10. UPyD 8 380 0,51% 0,37%

24 Decembro 2015 Posted by | Galicia, Politics, Spain | Deixar un comentario

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite LibreOffice

Xa está “na rúa” a versión 5.0.4 da suite ofimática LibreOffice, desenvolvida por The Document Foundation. As versións da serie 5.0 (fresh) aínda non as recomendan para os usuarios (domésticos ou corporativos) máis conservadores. Para estes, a millor alternativa é a serie 4.4 (still), que vai polo chanzo 4.4.7. Podedes ve-los detalles nas páxinas What’s LibreOffice e Release Notes.

LibreOffice naceu no 2010 cando moitos programadores e usuarios comprobaron que a Oracle Corporation estaba a perverte-lo espírito orixinal de OpenOffice.org.

LibreOffice é software libre e totalmente gratuíto, pero o aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar catro máis:

  • o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
  • o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
  • hai versións de LibreOffice para Windows, Mac e Linux
  • podemos escolle-la nosa lingua, no meu caso o galego, grazas ós equipos de tradución voluntarios

19 Decembro 2015 Posted by | "Intellectual property", Galicia, Software | Deixar un comentario

Venres negro para a cultura galega

O recentemente importado costume consumista do “black Friday” estreouse, por azar, como un venres negro para a cultura de Galicia.

Entre onte e hoxe coincidiron varias mortes: a do grande literato Xosé Neira Vilas (de quen xa falei aquí), a da filósofa Esperanza Guisán Seixas e as de dous teólogos, Xosé Alvilares Moure e Xosé Chao Rego.

A este último coñecino persoalmente a través da revista Irimia, aló polos anos oitenta e noventa, cando eu cría ser cristián. Era parte da miña inmadurez adolescente, un delirio: eu case non me coñecía a min mesmo nin coñecía apenas o cristianismo (case ninguén o fai, pero esa é outra historia).

Gardo bos recordos de Pepe Chao, porque era un home bo. Tamén os gardo doutra xente que facía a revista, sempre camiñando a contracorrente; con eles aprendín a ver moitos grises onde antes so vía branco e negro. Seguro que, de haber outra vida, Pepe e mailos outros que morreron non descansan en paz, xa estarán a traballar nalgunha cousa… :-)

28 Novembro 2015 Posted by | Galicia, Literature, Philosophy, Religion | Deixar un comentario

Eleccións municipais 2015: concello de Santiago de Compostela

Sigo coas eleccións municipais. Aquí poño os datos provisionais para o concello de Santiago de Compostela. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (47 958 + 29 137 = 77 095). As cifras corresponden ó 98,27% do escrutinio.

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 29 137 n.a. 37,79%
2. CA 16 327 34,58% 21,18%
3. PP 15 869 33,61% 20,58%
4. PSOE 6 919 14,65% 8,97%
5. BNG 3 277 6,94% 4,25%
6. Cs 2 285 4,84% 2,96%
7. CxG 1 112 2,35% 1,44%
8. Brancos 991 2,10% 1,29%
9. Nulos 738 n.a. 0,96%
10. SAIn 301 0,64% 0,39%
11. C21 139 0,29% 0,18%

A abstención segue a ser primeira forza política. Foi a opción do 38% dos electores fronte ós que optaron por Compostela Aberta (21%), polo PP (21%) ou polo PSOE (9%).

26 Maio 2015 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario

Eleccións municipais 2015: concello da Coruña

Onte houbo eleccións municipais en todo o Estado. Aquí poño os datos provisionais para o concello da Coruña. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (120 691 + 80 216 = 200 907).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 80 216 n.a. 39,93%
2. Marea 36 842 30,89% 18,34%
3. PP 36 838 30,89% 18,34%
4. PSOE 21 874 18,34% 10,89%
5. BNG 6 807 5,71% 3,39%
6. Cs 5 830 4,89% 2,90%
7. UC 4 553 3,82% 2,27%
8. Brancos 2 486 2,08% 1,24%
9. AV 1 834 1,54% 0,91%
10. PACMA 1 476 1,24% 0,73%
11. Nulos 1 440 n.a. 0,72%
12. UPyD 728 0,61% 0,36%

A abstención segue a ser primeira forza política. Foi a opción do 40% dos electores fronte ós que optaron pola Marea (18%), polo PP (18%) ou polo PSOE (11%).

25 Maio 2015 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario

Eleccións municipais 2015: concello de Cambre

Onte houbo eleccións municipais en todo o Estado. Aquí poño os datos provisionais para o concello de Cambre. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (11 004 + 8 392 = 19 396).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 8 392 n.a. 43,27%
2. PP 2 607 24,27% 13,44%
3. UxC 2 155 20,06% 11,11%
4. PSOE 2 128 19,81% 10,97%
5. SON 1 271 11,83% 6,55%
6. BNG 1 194 11,11% 6,16%
7. Cs 544 5,06% 2,80%
8. Ganemos 500 4,65% 2,58%
9. Brancos 344 3,20% 1,77%
10. Nulos 261 n.a. 1,35%

A abstención segue a ser primeira forza política. Foi a opción do 43% dos electores fronte ós que optaron polo PP (13%), UxC (11%), PSOE (11%), etcétera.

25 Maio 2015 Posted by | Galicia, Politics | Deixar un comentario

Lei de accesibilidade de Galicia

Vén de publicarse no DOG a Lei 10/2014, de accesibilidade. O texto pode consultarse en versións HTML e PDF:

Na exposición de motivos fala da normativa que xa existía sobre accesibilidade. Xa imos afeitos, na nosa burrocracia, á sobreabundancia de leis. Moitas veces excusaban de facer leis novas, abondaba con cumprir e facer cumprir aquelas que había de antes. Agora, se o aforismo de Laozi volve acertar, veremos que “cantas máis normas, maior número de delincuentes”… :-/

Normativa internacional:

  • Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, do 13 de decembro de 2006, ratificada polo Estado español e publicada no BOE o 21 de abril de 2008

Normativa estatal:

  • Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social das persoas con discapacidade (LISMI)
  • Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDAU)
  • Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade
  • Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Normativa autonómica:

  • Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da lei e o Código de accesibilidade
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

18 Decembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Politics | Deixar un comentario

Voz Salud Mental

Hoxe recibín unha mensaxe por Facebook que convida a participar na enquisa dunha campaña chamada “Voz Salud Mental”. Esta campaña vén asinada por unha empresa de marketing farmacéutico (Clover SGM), dúas asociacións sen ánimo de lucro (FEAFES e AMAFE) e dúas empresas farmacéuticas (Lundbeck e Otsuka). [1]

A campaña so consiste, de momento, nun formulario de enquisa. Dubido que estes axentes (tan diversos e mesmo antagónicos, podería pensar alguén non avisado) usen este medio por interesárense realmente nas opinións das persoas diagnosticadas de esquizofrenia (ou de psicose) e dos seus coidadores. Máis ben, con este medio seguen a usar a pacientes e familias para fomentar unha impresión favorable no público. E as asociacións, en vez de loitar pola desalienación e a liberación dos que sofren, venden a súa independencia ó deus Mercado.

Nada sorprendente, pois é o seu negocio, Clover SGM ten entre os seus clientes a moitas empresas farmacéuticas [2]:

FEAFES (Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental) recibiu cartos das empresas farmacéuticas AstraZeneca (a través da fundación homónima; fabricante de quetiapina (Seroquel), entre outros), Ferrer, Janssen (fabricante de haloperidol e risperidona, entre outros), Lundbeck, Otsuka e Pfizer. [3]

AMAFE (Asociación Madrileña de Amigos y Familiares de Personas con Esquizofrenia) recibiu cartos das empresas farmacéuticas AstraZeneca (a través da fundación homónima), Janssen e Roche. [4]


Referencias:

[1] Páxina web de Voz Salud Mental, consultada o 28 – XI – 2014.

[2] Sección “clientes” da páxina web de Clover SGM, consultada o 28 – XI – 2014.

[3] Sección “quiénes somos” da páxina web de FEAFES, consultada o 28 – XI – 2014.

[4] Sección “quiénes somos” da páxina web de AMAFE, consultada o 28 – XI – 2014.


¿Que teñen de malo as empresas farmacéuticas? ¿Son malos os psicofármacos?

Os psicofármacos, usados correctamente, fan moito ben a moitas persoas; pero usados incorrectamente poden facer moito mal.

As empresas farmacéuticas fan negocios multimillonarios e as súas decisións están tan desconectadas da ética como as de calquera sector do actual capitalismo salvaxe. As empresas farmacéuticas aproveitan un sistema de patentes perverso, unha política reguladora permisiva, unha ciencia médica cada vez menos independente e un público desinformado para logra-lo seu obxectivo: os fármacos que producen deben ser prescritos e consumidos no maior número posible, sen importar que consecuencias se deriven dese consumo. Por exemplo, algúns fármacos teñen unha boa relación custo-beneficio se os usan adultos en tratamentos puntuais, pero non se os usan nenos ou se facemos deles un tratamento crónico.

As empresas farmacéuticas gastan o dobre en publicidade que en investigación. As empresas farmacéuticas promoven modelos anticientíficos sobre as enfermidades e as súas causas. As empresas farmacéuticas esaxeran as bondades terapéuticas dos seus fármacos cando as súas patentes están en vigor. As empresas farmacéuticas posúen moitos laboratorios, presionan a políticos e funcionarios mediante lobbies, dominan mediante subvencións as revistas especializadas e os congresos médicos, contratan como investigadores e asesores a profesionais destacados, desacreditan activamente a profesionais críticos.

A saúde é para moitos un negocio. En consecuencia, diante de cada tratamento que apareza no mercado, diante de cada información que encontremos, debemos preguntarnos cui prodest, debemos pensar que o raposo vai coidar do galiñeiro se non miramos nós por el.

28 Novembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Medications, Mental Health, Politics, Propaganda, Schizophrenia, Spain | Deixar un comentario

Precariedade nas contratacións do SERGAS

Persoal sanitario que fai substitucións no SERGAS denuncia a extrema precariedade do sistema de contratación (V Televisión, 24 – XI – 2014)…

Visto no blog da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública – A Coruña (tamén no Facebook e no Twitter).

25 Novembro 2014 Posted by | Galicia, Human Rights, Politics, Spain | Deixar un comentario