Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Eleccións andaluzas 2015: caciquismo e propaganda

Onte houbo eleccións ó Parlamento de Andalucía. Como hai moitas candidaturas, arbitrariamente fixen un corte no 0,2% dos electores. Uso os datos provisionais ofrecidos pola Junta de Andalucía co 99,95% escrutado. O número de electores é obviamente aproximado e obtíveno de sumar votantes e abstencións (4 017 912 + 2 266 104 = 6 284 016).

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 2 266 104 n.a. 36,06%
2. PSOE 1 409 042 35,43% 22,42%
3. PP 1 064 168 26,76% 16,93%
4. PODEMOS 590 011 14,84% 9,39%
5. Cs 368 988 9,28% 5,87%
6. IULV-CA 273 927 6,89% 4,36%
7. UPyD 76 653 1,93% 1,22%
8. PA 60 707 1,53% 0,97%
9. Brancos 54 807 1,38% 0,87%
10. Nulos 40 939 n.a. 0,65%
11. PACMA 31 735 0,80% 0,51%
12. VOX 18 017 0,45% 0,29%

A miña lectura:
I. A abstención é a primeira forza política. Foi a opción do 36% dos electores fronte ós que optaron polo PSOE (22%), o PP (17%), PODEMOS (9%), etcétera.
II. Mantense o voto ligado ó bipartidismo tradicional dos caciques e das redes clientelares (PSOE e PP suman o 62% dos votos válidos). A xente sabe que as mafias son corruptas pero algunha esmola dan e hai medo a perdela.
III. Aparecen tres novas forzas políticas que deben a súa visibilidade, principalmente, á propaganda exercida polas cadeas de televisión e outros medios de comunicación de masas (PODEMOS, Cs e VOX). Os seus resultados son en boa medida proporcionais á exposición pública neses medios.

23 Marzo 2015 - Posted by | Politics, Propaganda

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario