Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Etimoloxía de “panxoliña” (“Ben falado!”)

Non sabía eu da etimoloxía da palabra “panxoliña”, que en galego designa maiormente os cantos do Nadal. Disque procede das primeiras palabras do himno litúrxico “Pange lingua”

Aprendín isto nun capítulo do programa “Ben falado!”, emitido pola Televisión de Galicia e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal:

Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).

14 Xuño 2009 - Posted by | Education, Folklore, Galicia, Language, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario