Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Codex Calixtinus: conductus “Congaudeant catholici” (Ensemble Organum, Marcel Pérès)

Unha das pezas máis famosas do Codex Calixtinus é este conductus “Congaudeant catholici”, aquí interpretado polo Ensemble Organum baixo a dirección de Marcel Pérès. Podería ser a peza a tres voces máis antiga de entre as conservadas (é do século XII), aínda que algúns din que a terceira voz é so unha alternativa á segunda. Por outra banda está o debate sobre a musica ficta ou semitonia subintellecta. Hai versións que (nunha escala de “re” dórica) cantan sempre “si natural”, versións que usan o “si bemol” so para certos floreos ou bordaduras (como esta), e incluso algunha versión que canta sempre “si bemol”. Unha vez pregunteille ao musicólogo José López Calo (que transcribiu a música deste códice) se, vistas as diferentes solucións, era correcto interpretar a peza “tal e como está”, sempre con “si natural”, e el díxome, simplemente, “si”. O que non sei é se mo dixo para quitarme de diante e evitarse longas explicacións (para as cales nin el tería interese nin eu coñecementos de base).

Esta gravación pode encontrarse no disco “Compostela ad Vesperas Sancti Iacobi”, pero se podedes escoitar a este grupo “en vivo” é moito millor que calquera gravación…

Congaudeant catholici
letentur cives celici
die ista.

Clerus pulcris carminibus
studeat atque cantibus
die ista.

Hec est dies laudabilis
divina luce nobilis
die ista.

Qua Iacobus palacia
ascendit ad celestia
die ista.

Vincens Herodis gladium
accepit vite bravium
die ista.

Ergo carenti termino
benedicamus domino
die ista.

Magno patri familias
solvamus laudis gracias
die ista.

Esta é a transcripción de José López Calo na obra La música medieval en Galicia (Fundación “Pedro Barrié de la Maza”, Coruña, 1982; ISBN: 9788485728152), que eu tomo do artigo de Eva Esteve Roldán “La polifonía en el Códice Calixtino”. Clicar para ampliar…

13 Outubro 2011 - Posted by | Codex Calixtinus, Early polyphony, Galicia, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s