Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Eric Faden: “A Fair(y) Use Tale” (subtítulos en español)

Gracias á bitácora colectiva feita arredor da biblioteca do IES “As Mariñas” de Betanzos “A Nosa Biblioteca” coñezo un vídeo elaborado no ámbito universitario dos Estados Unidos sobre o “fair use” dos materiais protexidos por “direitos de autor”.

“A Fair(y) Use Tale” é unha parodia que usa fragmentos de películas de Disney para explicar conceptos arredor do “copyright”, o “dominio público”… Dirixiuna o profesor Eric Faden (Bucknell University) para a Media Education Foundation coa colaboración, entre outros, de Lawrence Lessig e do Stanford Center for Internet and Society’s “Fair Use Project”.

Hai unha versión con subtítulos en varios idiomas en dotSUB. Así queda en YouTube a versión cos subtítulos en español, feita o pasado verán polo “blogfesor” colombiano Mario Nel Villamizar Ochoa:

E aquí está a orixinal:

3 Xaneiro 2008 - Posted by | "Intellectual property", Education, Galicia, Human Rights, Humour, Philosophy, Politics, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario